DOUTOR ALBERTO FERRO

Especialista en Medicina Primaria

En Brión (área de AmesSantiago de Compostela)

A atención primaria require tempo e bo coñecemento da persoa. O médico privado en primaria pode ser valioso no sistema, pois ofrece accesibilidade e dedicación individualizadas. Ademais, pode coordinar e complementar intervencións con outros ámbitos, mantendo a coherencia científica e a comodidade para o paciente.

Seguemento médico

Os servizos médicos necesarios para desfrutar de calidade de vida.

Confianza

A fiabilidade dun médico cunha dilatada experiencia internacional.

A túa saúde é o máis importante

Medicina primaria que se adapta ás túas necesidades

Cando falamos de saúde, é fundamental ter a confianza dun médico implicado que facilita as respostas no momento e lugar que as precisas, a través de distintos medios.

Moi preto de ti.

Atención personalizada e seguemento de saúde.

En clínica, a domicilio e por videochamada.

Como médico privado ou polo teu seguro.

Experiencia

No ámbito sanitario galego e internacional, na pública e privada

Proximidade

Moi preto do teu fogar ou, se queres, no teu propio fogar.

Flexibilidade

Atención na consulta, a domicilio e por videochamada.

Implicación

Atención personalizada e a medida, segundo o que precises.

Servizos

 

Grazas á miña formación e experiencia internacional, podo dar resposta a diferentes necesidades médicas, desde urxencias menores ata as consultas propias do seguimento xeral da saúde e do estilo de vida de cada persoa. Na clínica, a domicilio ou mediante videochamada, sempre pedindo cita previa con anterioridade.

 

As probas de sangue e as radiolóxicas fanse segundo o contratado con proveedores locais, con todas as garantías de confidencialidade e seguridade xurídica.

Seguimento xeral da saúde

Realízase unha exploración global da persoa no seu entorno, incluíndo electrocardiograma e a analítica pertinente.

Isto debe ir asentado nuns bos consellos preventivos e de promoción da saúde.

Neste apartado é recomendable discutir dun xeito realista os factores arraigados na nosa cultura e estilo de vida.

Os problemas  de sobrepeso, hipertensión, bronquite crónica por consumo de tabaco ou o consumo do alcol seguen a ser as preocupacións principais da saúde pública hoxe.

Pediatría en primaria

As infeccións menores como as otites, farinxites, síntomas dixestivos ou o asma, xunto co seguimento do crecemento no neno san son normalmente asuntos adecuados para tratar en primaria.

Problemas do movemento

Avaliación de posibilidades no tratamento da dor crónica, atrite/artrose.

As infiltracións articulares son a cotío efectivas para un alivio a medio prazo se se quere evitar a cirurxía, e tamén nas tendinites crónicas das mans, cóbados e ombreiros.

Na osteoporose hai diferentes métodos de avaliación e tratamento, con bos resultados demostrados.

Vacinas e medicina de viaxe

A preparación e o seguemento dos problemas de saúde relacionados coa viaxe infravalóranse normalmente, pois a maioría das nosas viaxes son de ocio, e de curta duración.

Sen embargo, poden xurdir problemas de diversa natureza, dependendo do destino, das nosas condicións previas e dos obxectivos da viaxe: as vacinas, a profilaxe, a avaliación de riscos e a adaptación de tratamentos permanentes son as mellores garantías para que todo saia ben.

Saúde psíquica

Moitas veces precisamos apoio médico para afrontar os problemas máis frecuentes da vida actual, coma trastornos do sono, ansiedade, crise vital, episodios depresivos ou estrés.

Individualizar as intervencións é o máis importante nestas cousas.

Saúde sexual

Un campo no que se require un enfoque aberto, con posibilidade de discutir con naturalidade sobre as cousas do querer, coma os métodos anticonceptivos, os aspectos funcionais, ou as enfermidades de transmisión sexual.

Colaboración con especialistas

Na medicina primaria é moi recomendable disfrutar de boas canles de comunicación con especialistas establecidos na zona, cos que falar e nos que se apoiar.

Moitas veces hai problemas complexos, con diferentes aspectos a tratar, pero que requiren puntualmente de competencia e experiencia específicas. Por iso é necesario facer converxer e integrar os diagnósticos e tratamentos avanzados dos especialistas, coidando de que sexan compatibles no longo prazo, e se é posible, levadeiros.

Axilizar estes contactos, eliminar esperas e simplificar os procesos de consulta é un adianto moi valioso.   

Doutor Alberto Ferro

 

Licenciado en Medicina pola USC no 2001 Especialista en atención primaria no 2008 vía MIR, (6 anos de residencia no Hospital de Sundsvall-Härnösand, Suecia), onde tamén participou en proxectos de investigación de ámbito nacional.

En  2009 formou parte do equipo de  Urxencias do CHUS, e actualmente segue a prestar servizo na atención primaria do SERGAS en diversos centros de saúde

Tivo labor asistencial nas dúas principais clínicas privadas de Santiago e colaborou no desenvolvemento de departamentos internacionais nestas.

Con Médicos sen Fronteiras tivo a oportunidade de participar en proxectos de axuda humanitaria no Congo.

Actualmente é asesor médico para aseguradoras escandinavas e consulta regularmente en atención primaria en Malmoe (Suecia).

Ten un especial interese nas enfermidades crónicas da idade adulta e na saúde mental. Tamén recibíu formación específica en vacinas (inmunización) a través de cursos en Bruselas, Roma e Oxford.

Colexiado en activo en España, Suecia e Dinamarca.

Exerzo a medicina primaria

crendo que é unha peza esencial

na protección e promoción

da saúde, e mantendo

a continuidade e fiabilidade

como valores principais.

Elixe o tipo de consulta que mellor se adapta a ti…

Seguros

Podo atenderte utilizando as coberturas do teu seguro de saúde. 

Médico privado

Na miña consulta da Avenida de Noia, 9 de Brión (A Coruña).

Domicilio e videochamada

Atención domiciliaria ou por videochamada con cita previa.

…Ou achégate á clínica

Contacta coa clínica

do Doutor Alberto Ferro

Política de privacidade

Responsable del tratamiento: Alberto Ferro. Finalidades: Gestión de las consultas recibidas desde la web. Legitimación: El interés legítimo de ambas partes. Destinatarios: No se efectuará comunicación a otras entidades, salvo obligación o necesidad legal. Tampoco transferencias a terceros que no ofrecen garantías adecuadas. Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos y otros derechos, como se explica en la política de privacidad. Procedencia de los Datos: Del interesado.

Responsable del tratamiento: Alberto Ferro. Finalidades: Gestión de las consultas recibidas desde la web. Legitimación: El interés legítimo de ambas partes. Destinatarios: No se efectuará comunicación a otras entidades, salvo obligación o necesidad legal. Tampoco transferencias a terceros que no ofrecen garantías adecuadas. Derechos: Acceder, rectificar y suprimir los datos y otros derechos, como se explica en la política de privacidad. Procedencia de los Datos: Del interesado.

Abrir chat